xoves, 15 de marzo de 2018

8 DE MARZO

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de Marzo, na conmemoración do día internacional da muller, fíxose visible nas rúas a forza extraordinaria das mulleres que coa primeira folga feminina reivindicaban a igualdade entre homes e mulleres, e protestaban contra a violencia machista.
O éxito da convocatoria abre a porta á esperanza de que este 8 de marzo sexa un punto de inflexión na loita pola igualdade, e o inicio do que podería ser a cuarta vaga do feminismo na que a muller podería equipararse de feito co home.
Nos anos 60 comeza a terceira vaga do feminismo que supuxo a liberación feminina e a liberación sexual. A moda, como produto cultural, reflicte ou apoia os cambios sociais e por iso, no marco do Proxecto deste curso, fixemos un repaso ás contribucións da moda á liberación feminina, con especial atención aos elementos innovadores e transgresores da década dos 60.




Tamén quixemos facer unha reseña dalgunhas das mulleres galegas máis relevantes



Ningún comentario:

Publicar un comentario